lunes, 21 de septiembre de 2009

Presentación do Pabellón Femenino

O Mércores, día 23, efectuarase a presentación de tódolos equipos do Pabellón Femenino.

Ás 17.30 o equipo Cadete disputará un partido na pista central do Pavillón dos Remedios contra o equipo cadete do Blanco Amor.
As 19.00 terán lugar as diferentes fotos de familia de tódolos equipos base e o equipo senior de Liga Femenina 2.
Para finalizar, ás 20.30 poderemos ver na mesma pista central o enfrontamento do Pabellón Ourense senior e o Celta de Vigo.


martes, 8 de septiembre de 2009

Pabellón Ourense vs. Arxil

Este Xoves día 10 as 19:30, terá lugar no Pavillón O Pompeo do I.E.S. Otero Pedraio, o partido que enfrontará ó Pabellón Ourense contra o Arxil e que servirá de primeira proba para os dous equipos que seguidamente disputarán os partidos da Copa Galicia os días 12, 16 e 18/19 de Setembro.

Ó partido acudirán os equipos da base do Pabellón Ourense para dar ánimos a tódalas xogadoras do primeiro equipo.

O equipo junior tamén xoga o seu partido as 17:30, unha proba máis que xunto coa de hoxe (Mércores, 9) contra o Andersen de Vigo, completará unha boa pretemporada para as xogadoras de Gonzalo e Óscar.