martes, 27 de octubre de 2009

Partidos da Semana

Esta semana temos varios partidos importantes respecto ós equipos Cadete e Infantil da base do Pabellón Ourense.

O Mércores, día 28, dispútase o partido infantil aprazado entre o Blanco Amor e o Pabellón.

Durante a fin de semana haberá 2 partidos cruciais para os equipos Infantil e Cadete nos que se xogan o pase á Liga Galega:

O Sábado día 31 disputaranse:

- Maristas de Vigo vs. Pabellón Ourense [Cadete] ás 12:30

- Arxil vs. Pabellón Ourense [Infantil] ás 17:00

O Domingo día 1 xogarase a volta, no Otero Pedraio, destes partidos:

- Pabellón Ourense vs. Maristas de Vigo [Cadete] ás 18:30

- Pabellón Ourense vs. Arxil [Infantil] ás 16:30

As horas aínda están por definir.

Sorte a tod@s!

Burgos 74 - 68 Pabellón Ourense

O Pabellón Ourense fixo un gran encontro de visitante fronte ó Burgos, este pasado Domingo ás 12.30. A destacada do partido foi Jenny que alcanzou os 35 puntos e 35 de valoración para conseguir o MVP da xornada.

Ao final, o equipo pabellonista cedeu por 6 puntos fronte a un Burgos que encabeza o liderato da competición da Liga Femenina 2.

Estadísticas aquí...

sábado, 17 de octubre de 2009

Pabellón Ourense vs. Extrugasa

Esta fin de semana o Pabellón enfrontará un partido moi complicado ante un Extrugasa que xa se levou unha victoria esta pretemporada no Pavillón dos Remedios.

O encontro será a partir das 20 horas do Sábado, día 17, como sempre, no Pavillón dos Remedios.


Sorte a tod@s!

sábado, 10 de octubre de 2009

Partidos Da Semana

Esta fin de semana, temos os partidos Infantil, Cadete, Junior e o Senior xa comentado. Os horarios son os seguintes:

Sábado:
16:00 - Pabellón Ourense vs. Blanco Amor (Cadete - Previa de Cruces para Liga Galega)
20:00 - Pabellón Ourense vs. Badajoz Extremadura (Senior - LF2)
Domingo:
12:00 - Pabellón Ourense vs. Blanco Amor (Infantil - Previa de Cruces para Liga Galega)
Luns:
19:00 - Pabellón Ourense vs. Carmelitas (Junior - Previa de Cruces para Liga Galega)


Sorte a tod@s!!!!

jueves, 8 de octubre de 2009

Pabellón Ourense vs. C.B. Badajoz Extremadura

O próximo encontro do Pabellón Femenino de LF2 disputarase no Pavillón dos Remedios o Sábado, día 10, as 20 horas.

Espérase un partido bonito e disputado xa que Badajoz Extremadura estivo pelexando polo ascenso a LF o ano pasado.

lunes, 5 de octubre de 2009

Pio XII 77 - 61 Pabellón Ourense [Xornada 1- LF2]

Este foi o resultado do partido disputado o sábado pasado entre o Pabellón Ourense e o Pío XII no pavillón Santa Isabel en Santiago. As locais fóron superiores grazas á calidade das xogadoras que forman o seu plantel.


Estadísticas do Partido...


O seguinte partido disputarase contra o B.F. Badajoz Extremadura no Pavillón dos Remedios o Sábado, día 10, ás 20 horas.