viernes, 20 de noviembre de 2009

Partidos Da Fin De Semana

Esta fin de semana o equipo de LF2 descansa polo que non haberá partido no Pavillón dos Remedios. Por outro lado, os equipos base seguen as súas competicións e os partidos que xogan os días 21 e 22 son os seguintes:

Sábado, día 21 ás 16.30: Pabellón Ourense vs. Calasancias [LFG Infantil] - Otero Pedraio
Domingo, día 22 ás 10.00: Pabellón vs. Blanco Amor [Liga Zonal Infantil] - Otero Pedraio
Domingo, día 22 ás 20.00: Carmelitas vs. Pabellón Ourense [Liga Zonal Cadete] - Carmelitas

viernes, 13 de noviembre de 2009

Partidos Da Semana

Esta semana temos varios partidos respecto ó Infantil e o equipo de LF2.

O Sábado, día 14, dispútase o partido infantil entre Carmelitas e Pabellón ás 12.15 en Carmelitas.

O Domingo, día 15, disputarase en Noia o partido infantil de Liga Galega entre o Muebles San Caetano Noia e o Pabellón Ourense, ás 17 horas.

O Martes, día 17, xogará o equipo pabellonista de LF2 contra o Universidade de Ferrol no Pavillón dos Remedios.

Saudos a tod@s!

martes, 27 de octubre de 2009

Partidos da Semana

Esta semana temos varios partidos importantes respecto ós equipos Cadete e Infantil da base do Pabellón Ourense.

O Mércores, día 28, dispútase o partido infantil aprazado entre o Blanco Amor e o Pabellón.

Durante a fin de semana haberá 2 partidos cruciais para os equipos Infantil e Cadete nos que se xogan o pase á Liga Galega:

O Sábado día 31 disputaranse:

- Maristas de Vigo vs. Pabellón Ourense [Cadete] ás 12:30

- Arxil vs. Pabellón Ourense [Infantil] ás 17:00

O Domingo día 1 xogarase a volta, no Otero Pedraio, destes partidos:

- Pabellón Ourense vs. Maristas de Vigo [Cadete] ás 18:30

- Pabellón Ourense vs. Arxil [Infantil] ás 16:30

As horas aínda están por definir.

Sorte a tod@s!

Burgos 74 - 68 Pabellón Ourense

O Pabellón Ourense fixo un gran encontro de visitante fronte ó Burgos, este pasado Domingo ás 12.30. A destacada do partido foi Jenny que alcanzou os 35 puntos e 35 de valoración para conseguir o MVP da xornada.

Ao final, o equipo pabellonista cedeu por 6 puntos fronte a un Burgos que encabeza o liderato da competición da Liga Femenina 2.

Estadísticas aquí...

sábado, 17 de octubre de 2009

Pabellón Ourense vs. Extrugasa

Esta fin de semana o Pabellón enfrontará un partido moi complicado ante un Extrugasa que xa se levou unha victoria esta pretemporada no Pavillón dos Remedios.

O encontro será a partir das 20 horas do Sábado, día 17, como sempre, no Pavillón dos Remedios.


Sorte a tod@s!

sábado, 10 de octubre de 2009

Partidos Da Semana

Esta fin de semana, temos os partidos Infantil, Cadete, Junior e o Senior xa comentado. Os horarios son os seguintes:

Sábado:
16:00 - Pabellón Ourense vs. Blanco Amor (Cadete - Previa de Cruces para Liga Galega)
20:00 - Pabellón Ourense vs. Badajoz Extremadura (Senior - LF2)
Domingo:
12:00 - Pabellón Ourense vs. Blanco Amor (Infantil - Previa de Cruces para Liga Galega)
Luns:
19:00 - Pabellón Ourense vs. Carmelitas (Junior - Previa de Cruces para Liga Galega)


Sorte a tod@s!!!!

jueves, 8 de octubre de 2009

Pabellón Ourense vs. C.B. Badajoz Extremadura

O próximo encontro do Pabellón Femenino de LF2 disputarase no Pavillón dos Remedios o Sábado, día 10, as 20 horas.

Espérase un partido bonito e disputado xa que Badajoz Extremadura estivo pelexando polo ascenso a LF o ano pasado.

lunes, 5 de octubre de 2009

Pio XII 77 - 61 Pabellón Ourense [Xornada 1- LF2]

Este foi o resultado do partido disputado o sábado pasado entre o Pabellón Ourense e o Pío XII no pavillón Santa Isabel en Santiago. As locais fóron superiores grazas á calidade das xogadoras que forman o seu plantel.


Estadísticas do Partido...


O seguinte partido disputarase contra o B.F. Badajoz Extremadura no Pavillón dos Remedios o Sábado, día 10, ás 20 horas.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Presentación do Pabellón Femenino

O Mércores, día 23, efectuarase a presentación de tódolos equipos do Pabellón Femenino.

Ás 17.30 o equipo Cadete disputará un partido na pista central do Pavillón dos Remedios contra o equipo cadete do Blanco Amor.
As 19.00 terán lugar as diferentes fotos de familia de tódolos equipos base e o equipo senior de Liga Femenina 2.
Para finalizar, ás 20.30 poderemos ver na mesma pista central o enfrontamento do Pabellón Ourense senior e o Celta de Vigo.


martes, 8 de septiembre de 2009

Pabellón Ourense vs. Arxil

Este Xoves día 10 as 19:30, terá lugar no Pavillón O Pompeo do I.E.S. Otero Pedraio, o partido que enfrontará ó Pabellón Ourense contra o Arxil e que servirá de primeira proba para os dous equipos que seguidamente disputarán os partidos da Copa Galicia os días 12, 16 e 18/19 de Setembro.

Ó partido acudirán os equipos da base do Pabellón Ourense para dar ánimos a tódalas xogadoras do primeiro equipo.

O equipo junior tamén xoga o seu partido as 17:30, unha proba máis que xunto coa de hoxe (Mércores, 9) contra o Andersen de Vigo, completará unha boa pretemporada para as xogadoras de Gonzalo e Óscar.


miércoles, 22 de julio de 2009

Comeza a Tempada 2009/2010

O día 24 de agosto comezarán os entrenamentos de Liga Feminina 2 e o 1 de Setembro comezarán os entrenamentos da Base.