martes, 27 de octubre de 2009

Partidos da Semana

Esta semana temos varios partidos importantes respecto ós equipos Cadete e Infantil da base do Pabellón Ourense.

O Mércores, día 28, dispútase o partido infantil aprazado entre o Blanco Amor e o Pabellón.

Durante a fin de semana haberá 2 partidos cruciais para os equipos Infantil e Cadete nos que se xogan o pase á Liga Galega:

O Sábado día 31 disputaranse:

- Maristas de Vigo vs. Pabellón Ourense [Cadete] ás 12:30

- Arxil vs. Pabellón Ourense [Infantil] ás 17:00

O Domingo día 1 xogarase a volta, no Otero Pedraio, destes partidos:

- Pabellón Ourense vs. Maristas de Vigo [Cadete] ás 18:30

- Pabellón Ourense vs. Arxil [Infantil] ás 16:30

As horas aínda están por definir.

Sorte a tod@s!